2.6.14

O poema quere dicir














O poema quere dicir,
non foi unha malandanza. É algo que escollín
eu (prometín nunca máis escribir o pronome.
Tamén non facer malabarismos, non preferir
outra palabra distinta
á primeira que chegou sen que a chamase;
non erixir un manto
con elas
que me cubra toda. Non pronunciar palabras como
a palabra manto-
a palabra erixir.)
                        
O poema quere dicir iso:
non procura un peso cosmogónico
non fala porque non ten garganta
non quere nada.

Se soubese como,
escacharía os signos igual que un ovo
e levaría restos desas cascas
sobre a lingua e
contra a miña vontade.
Iso é o que o poema quere dicir.

1 comentario:

doble visión dijo...

o poema sempre quere dicir algo... nace para ser a voz de alguén... encantoume!