1.8.13

"Raíz da fenda" na Feira do libro da Coruña

Este sábado día 3 de agosto ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña, estaremos presentando "Raíz da fenda". Acompañaranme Dores Tembrás e Manuel Bragado. Igual soa moi naïf esta confesión, mais estou un pouco intrigada e un chisquiño nerviosa porque é a miña primeira vez nunha Feira do Libro cun libro propio. Nunca estiven do outro lado, e síntome unha estraña, unha especie de intrusa, despois de tantos anos sendo lectora curiosa que visita a Feira, fai listaxes de libros desexados para aproveitar os descontos, acude a que lle asinen un exemplar ou vai a unha presentación con curiosidade. Se vos apetece acompañarme noutro serán de fendas, e andades pola Coruña con ganas de poesía e de levar un paxaro de papel para a casa, xa sabedes a onde tedes que ir. Alí nos vemos!




4 comentarios:

The Thing dijo...

Hummm... ese día non estarei na Coruña, unha mágoa.

Que ese... desvirgamento feiral sexa proveitoso. Ha de selo.

Andrés Vara dijo...

Hoy 1. de setiembe, aparece un poema tuyo en mi blog. gracias y bicos.

The Thing dijo...

Parabéns polo premio petroleiro ;-)

P.D. Foto atractiva onde as haxa na Voz.

confabularionovo dijo...

Mil grazas polos parabéns!! En novembro no papel. É emocionate! :)