1.8.13

"Raíz da fenda" na Feira do libro da Coruña

4 comentarios
Este sábado día 3 de agosto ás 20:00 horas, na Feira do Libro da Coruña, estaremos presentando "Raíz da fenda". Acompañaranme Dores Tembrás e Manuel Bragado. Igual soa moi naïf esta confesión, mais estou un pouco intrigada e un chisquiño nerviosa porque é a miña primeira vez nunha Feira do Libro cun libro propio. Nunca estiven do outro lado, e síntome unha estraña, unha especie de intrusa, despois de tantos anos sendo lectora curiosa que visita a Feira, fai listaxes de libros desexados para aproveitar os descontos, acude a que lle asinen un exemplar ou vai a unha presentación con curiosidade. Se vos apetece acompañarme noutro serán de fendas, e andades pola Coruña con ganas de poesía e de levar un paxaro de papel para a casa, xa sabedes a onde tedes que ir. Alí nos vemos!