29.5.13

Un milladoiro para Corcoesto

Chégame a través de Inma Doval a convocatoria de Enarborar o bosque deste ano 2013, que terá lugar, nesta ocasión, en Corcoesto e que, como vén sendo habitual, consistirá nunha romaría artística, poética, reinvindicativa, ecoloxista, plural, aberta e libre. Esta vez a proposta é elaborar unha instalación colectiva, un amilladoiro, contra a megaminería. No texto elaborado por arTeu (colectivo artístico formado por Inma Doval e Xacobe Meléndrez Fassbender), explícase así a función do amilladoiro:

Os amilladoiros son montóns de croios acumulados de xeito testimonial en determinados lugares. É unha práctica que ten unha raiz celtíbera, pobo que ía botando as pedriñas en cruces de camiños e outros lugares cunha simboloxía especial, para alonxar os malos espíritos.
Practicouse e practícase ainda en multitude de culturas de todo o mundo, dende a tribu Churingaque en Australia ate os Masais africanos, pasando polos pobos do norte penínsular esencialmente no Camiño de Santiago, neste caso despois de pasar o tamiz da cristianización.
Utilizabanna tamen os gregos e os romans tendo diversos significados. A pedra foi símbolo de forza, virilidade, fecundade, persistencia, demarcación… e nós utilizaremola de novo en Corcoesto, para alonxar os malos espíritos, os do arsénico e o cianuro que con este modelo de explotación mineira ameazan con mobilizarse polo interior da nae terra, nas súas veas de auga, as mesmas que nutren as nosas produccións agrícolas e gandeiras e que iría empozoñar tamén a ría toda.
Ven co teu croio o día 1 de xuño ao III Enarborar o Bosque que se desenvolverá en Corcoesto, con recitais, pintura ao vivo, música, maxia… unha verdadeira romería artístico-reivindicativa ao aire libre.

Eu preparei o meu croio como se ve na fotografía, pero a idea é libre. Podes simplemente escribir un verso sobre o teu e levalo ao Enarborar, compartir, participar, reivindicar, facer arte colectiva. Ao comezo pensei en palabras para escribir sobre el, mais nesta ocasión quedei sen elas. Esto foi o que saíu:


No hay comentarios: