27.5.13

"Un custo insignificante"



O ministro Wert reservou cinco millóns de euros na memoria orzamentaria da nova lei educativa para que os contribuíntes paguemos a escolarización nun centro privado das nenas e nenos cuxos pais non queren que estuden en catalán, coa previsión de que os afectados sexan potencialmente mil alumnos.
Cuestiona así o modelo de inmersión lingüística que a investigación sobre educación en linguas en contextos multilingües sinalou como o máis positivo, non só para o obxectivo de subverter os procesos de substitución lingüística das linguas minorizadas e garantir a pervivencia do idioma propio, senón tamén para a mellora da competencia lingüística da infancia actual e da cidadanía de mañá.

(...)
Preme aquí para visitar o texto completo

5 comentarios:

Cris dijo...

Cuando te conocí me parecía guay que una persona que hablaba gallego siempre no fuese en contra del castellano, pero ya veo que con el tiempo te has radicalizado y la verdad me da pena que colabores en Sermos Galicia y que por lo que dices hayas perdido la apertura de miras

Cris dijo...

Me gustaría saber, qué te ha pasado?

confabularionovo dijo...

Ola Cris,
O xornal chámase Semos Galiza e fago de cando en vez algún texto para opinión, encantada e moi agradecida polo espazo, no que me sinto moi a gusto.

Cando me coñeciches tiña dezanove anos e dicía e pensaba moitas parvadas. É certo que tiña moitos complexos co tema da lingua e un medo bastante absurdo a que persoas castelánfalantes que me rodeaban, coma ti, xulgasen que a miña postura era radical.

O que pasou foi que medrei, aprendín, corrixín erros nos meus usos lingüísticos e fun afianzando os meus posicionamentos ideolóxicos, que hoxe en día son claros e notorios, e que, por suposto, non tes por que compartir. Non cres que é lóxico que mudemos e avancemos conforme gañamos anos? Ou é que unha está sempre obrigada a pensar as mesmas estupideces que aos dezaoito anos?

Que isto sexa así non quere dicir que vaia en contra de ninguén. Moita xente que quero moito fala castelán e non teño nada que obxectar nin me supón ningún problema que o fagan, non é cousa miña. Pero iso non quere dicir que eu teña que levar pola vida bandeiras nas que non creo, como a do bifidismo harmónico, e quero que os meus fillos sexan monolingües en galego, e que despois coñezan e falen ben o castelán, o portugués, o inglés e todas as lnguas que poidan. Tamén desexaría que as institucións do meu país garantisen os seus dereitos lingüísticos.

De todos os xeitos, o meu teléfono segue a ser o mesmo que era, e é unha vía de contacto moito máis directa.

Apertas!

Cris dijo...

Bueno, a lo mejor por todo eso dejamos de llevarnos. Que hablases en gallego me daba igual cuando nos conocimos, y creo que nunca te dije nada más que me extrañaba. Pero por ejemplo ahora yo empecé esta conversación en castellano y tú cambiaste al gallego, para mi eso es imposición. Me da pena, porque me pareces inteligente y además me gusta como escribes y se que eres buena tía, pero lo poneis muy dificil
Yo no leo ese periódico y además creo que vivo en Galicia, no en Galiza, y que es una comunidad autónoma, no un país, pero bueno.

confabularionovo dijo...

Cris, de verdade non querería entrar nun debate, non creo que sexa posible achegar posturas tan distintas. Que te estrañase que eu falase galego e que tivese amigas que o falasen comigo é o raro para min.

Este blogue está escrito en galego e ti trocaches a lingua deixando o primeiro comentario, mais de verdade non é o meu desexo cruzar recriminacións. Eu non lle chamo imposición a usar a miña lingua, mais tampouco lle chamo país ao mesmo ca ti.

Apertas!