5.5.13

DIÁSPORA


Non quero ser a nena que medrou
e tivo que marchar,

a que só fala a lingua dos xigantes
e non pode lembrar do seu país
nada máis que a uralita,
o cheiro esmagador dos eucaliptos
e aquel último barco que afundiu,

a que xa non ten casa
á que volver,
e percorre os países estranxeiros
ollando as marabillas
coma quen mira ao exército que llo arrebatou todo,

a que nunca máis amará
viaxar,
porque só lle restan ruínas
das que partir.

4 comentarios:

oLaLLa dijo...

Percorrer os países estranxeiros non pode máis que ofrecerche todo. Canto máis te vas, máis estás na casa. Sempre hai unha casa á que volver e esa, lévala contigo. Aperta, Berta.

confabularionovo dijo...

Grazas por pasarte por aquí,
Apertas de volta!

Lidia dijo...

Identifiqueime moito, estar fora e ver que no lugar onde nacín cada vez hai menos sitio para min.

"Canto máis te vas, máis estás na casa?" Será para os que van por ansias de movilidade, a miña experiencia non é tan boa, sobre todo do día 24 ó 30 de cada mes

confabularionovo dijo...

Grazas por achegarte, Lidia, e por compartir a túa perspectiva aquí, de seguro é compartida por moitos.

Creo que Olalla trata de dicir que esa experiencia sempre nos aporta cousas, que trata de achegar unha mensaxe positiva, en absoluto negadora da realidade.

Só podo desexarche todo o mellor e moitos folgos para loitar.

Unha aperta!