21.5.12

Cinco motivos polos que vostede tería que mercar... O meu gato é un poeta, de Fran Alonso

1.Porque se vostede ten un gato, descubrirá que é -de feito- un poeta. E porque se non o ten, quererá adoptar un.

2.Porque a poesía é un globo que se incha...

3.Porque racha cos poemas fermosos e intocables, e invita a que se xogue coas palabras, a que se saboreen, se transformen, se reinventen e se fagan xogo, a que sigan vivas despois de pechar as páxinas na música que as acompaña, na rede ou na imaxinación de cada quen.

4.Porque é un libro intelixente, e os nenos precisan e aprecian, sobre todo, os libros intelixentes.

5.Porque fala de hoxe, de aquí e de agora. De que almorzar cereais con leite pode convertirse nun berro de resistencia e rebelión. E porque gaña lectores para a poesía contemporánea, a que se incha como un globo, que é o que importa.


*Escribín este post no mes de novembro, mais nunca é tarde para recomendar un libro! E ademais a miña gata cumpre anos!

Imaxe de dentro do libro


A gata Mafalda cando chegou á casa.



No hay comentarios: