2.10.11

Sobre a escrita e a imbecilidade

Teño encargado Emaús, de Baricco, que edita Galaxia en traducción ao galego de Carlos Acevedo, e simultaneamente á súa saída en castelán. Foi unha delicia chegar á libraría e que me preguntaran en que idioma quería o libro: poder optar, que haxa valentes que traballen para que eu poida facer a miña escolla. E mentres chega o libro esta semana que entra, mergúllome na rede para atopar estas declaracións recentes do autor, que deixo aquí.

Preguntado por el significado de la literatura, Baricco ha dudado unos instantes y ha sentenciado: "La literatura es como la imbecilidad. No hay una definición, sino muchos ejemplos". (europapress.com)

A literatura de Baricco é indefinible. Non sigue camiños marcados nin marca camiños que seguir (ou se o fai, abandónaos con cada novela para debuxar outros novos). E é para min un exemplo de oficio, de reinvención, de escrita sen máscaras, sen atallos, sen trucos, sen imposturas nin fogos de artificio. Ten razón no que di, agás porque hai máis exemplos de imbecilidade que de literatura, pero diso el non ten a culpa.

Disfrutemos de Emaús.

No hay comentarios: