19.10.11

Botar unha cometa

Cando era nena estiven impresionada moito tempo con estes versos

Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra

Hoxe din con eles nunha antoloxía de poesía para nenos, accidentalmente. Foi como recuperar un pedazo das tardes de infancia nas que descubrín que a poesía non era escura e incomprensible, e tampouco ripio e pareado. A poesía servía para dicir cousas. A poesía servía. E desde aquela, xa para sempre, ata agora.

No hay comentarios: