15.6.11

microrrelato

(Life vest is under your seat)

Coñecinte nun avión de Iberia, na fila segunda da clase turista. Eu teimaba por unha mala despedida no aeroporto de Barcelona. Ti lías un ensaio de Steiner e levabas o cabelo recollido cun lapis do número dous. Mentírannos aos dous. O salvavidas estaba por esta vez no asento contiguo.

No hay comentarios: