30.3.10

A señora Flecher

Desde o CEIP de Louro pídenme unha foto miña na que estea a ler, para unha actividade sobre o día do libro na que participan distintas persoas aportando as súas experiencias lectoras. Non tiña ningunha, só un par delas asinando un libro ou cun dos meus libros na man, e era xa pasarse de merchandaisin, demasiado autobombo (que diría erre-erre). A verdade é que foi ben raro quitar esta foto. Se intentaba ler saía con caras rarísimas, se non, con caras máis raras aínda. Finalmente o resultado foi a fotografía de arriba. A pesar de todo, creo que a miña fotoxenia mellorou un pouco, xa non parezo un asasino en serie nas fotos, quizais só un asasino do montón, sen alevosía. E esta semana alguén me dixo que tiña un aire coa señora Flecher na foto (si, escríboo por fonética) así coas gafiñas e a cara de resabiada. Así que din inicio á semana de vacacións coa sintonía de "Se ha escrito un crimen" de banda sonora e, non sei moi ben a santo de que, estou escribindo nun relato de xénero negro. Agardo que ninguén me convide esta semana á súa casa, para non continuar coas analoxías...

2 comentarios:

Erre dijo...

¡Total! (léase con ton de toleirán emprumado).

náufrago dijo...

Señora Flecher: saíu vostede moi ben.