30.3.10

A señora Flecher

2 comentarios
Desde o CEIP de Louro pídenme unha foto miña na que estea a ler, para unha actividade sobre o día do libro na que participan distintas persoas aportando as súas experiencias lectoras. Non tiña ningunha, só un par delas asinando un libro ou cun dos meus libros na man, e era xa pasarse de merchandaisin, demasiado autobombo (que diría erre-erre). A verdade é que foi ben raro quitar esta foto. Se intentaba ler saía con caras rarísimas, se non, con caras máis raras aínda. Finalmente o resultado foi a fotografía de arriba. A pesar de todo, creo que a miña fotoxenia mellorou un pouco, xa non parezo un asasino en serie nas fotos, quizais só un asasino do montón, sen alevosía. E esta semana alguén me dixo que tiña un aire coa señora Flecher na foto (si, escríboo por fonética) así coas gafiñas e a cara de resabiada. Así que din inicio á semana de vacacións coa sintonía de "Se ha escrito un crimen" de banda sonora e, non sei moi ben a santo de que, estou escribindo nun relato de xénero negro. Agardo que ninguén me convide esta semana á súa casa, para non continuar coas analoxías...

21.3.10

21 de marzo. Dia internacional da Poesía. Feliz día a todas, a todos, a todo.

1 comentarios
Non lembro que día foi:
ti contaches os barcos que partiron,
eu contei os que non volveron nunca.

E neles ían embarcados todos.
Todos e cada un dos meus versos.
Todos.


(de Corpo baleiro, Espiral Maior, 2007)


15.3.10

0 comentarios
Abro favoritos no ordenador:
-receitas de guisos
-postmodernismo
-blogs literarios
-El País
-RAG
-RAE
-diccionario de inglés
-cámaras lomográficas
- sushi
-webs sobre derrida
-pandeiretas


Dunha maneira estraña, a listaxe de favoritos dá unha rara idea de quen son