22.1.10

un apunte

0 comentarios
Acúsanos Feijó, aos que participamos na folga e na manifestación do pasado xoves, de non confiar no diálogo. Pois ben, esta semana un profesor na facultade falábanos dos dereitos. Dos dereitos lingüísticos e do dereito á folga, concretamente. Os dereitos, explicaba, non se opinan, non se discuten, non se debaten: os dereitos esíxense. Estou dacordo con el.

E polos meus dereitos, os dos nosos nenos, os dos mestres deste país, fun á manifestación do xoves, convencida de que as linguas unen, convencida de que a liberdade é coñecer, convencida, por último, de que a ignorancia e a mala hostia son as cousas que crispan, dividen e corrompen.

Que conten ben, que fomos máis de cen!

0 comentarios
Fotografía de El Correo Gallego.

21.1.10

Esta web tamén está en folga.

0 comentarios
A AELG convida os escritores e escritoras a divulgar e facer pública a súa adhesión persoal a este pronunciamento colectivo nos diversos foros de comunicación en que como tal participa e asistir, na medida das súas posibilidades, á manifestación convocada na Alameda, en Santiago de Compostela, o día 21 de xaneiro, ás 11:30h.

(pois iso, subscribo)

Posicionamento da AELG
Perante as medidas involucionistas que o actual goberno da Xunta de Galiza vén pondo en marcha cara á lingua galega, idioma propio e oficial do noso país, creado senlleiramente pola sociedade galega ao longo da súa xa milenaria historia, que está a materializarse, por unha banda, na anulación de dereitos legais de recoñecemento administrativo da súa competencia e uso e, por outra, na forzada involución no proceso normalizador da súa aprendizaxe dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino, a AELG fai un chamamento á comunidade educativa galega, ao igual que os máis de 600 colectivos que constitúen a plataforma Queremos Galego, a apoiar o paro xeral no ensino do vindeiro xoves 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

Subscribimos, máis unha vez, os pronunciamentos anteriores públicos realizados pola AELG en relación á lingua de noso, ferramenta clave e nuclear da creación literaria, sexa ficcional ou non, na medida en que, desde a autoridade educativa e no exercicio das súas competencias e responsabilidades gobernativas, é preciso asegurar a competencia en lingua galega dos nenos e nenas desde a escola, como garante do desenvolvemento das habilidades lingüísticas que doten a infancia e a mocidade das destrezas básicas: comprender, falar, ler e escribir. Porque só desde o coñecemento amplo e sen prexuízos é posíbel entender un mundo habitado e pensado desde a biodiversidade real, lingüística e cultural, que debe medrar necesariamente desde o manexo das claves do respecto interpersoal.


9.1.10

As fotos da neve

0 comentarios

As miñas botiñas de auga na porta da casa. Moita neve: branquísima e espesa. Neva en Santiago.

6.1.10

0 comentarios
Volver para fixar os meus pasos nos camiños de antes.
Lembrar cada detalle secretamente,
como unha especie de revelación.

O meu corpo volve a casa,
eu estiven aquí cando era branca luz,
papel de prata, plátano, libros de cartón.

Lembro os zapatos dos adultos,
as gafas redondas de meu pai,
as botiñas ortopédicas.
Os ollos luz de mamá
están aíndaespallados nestas lousas.

(outubro 2009)

5.1.10

0 comentarios
Perforar o mantel cos dedos
até dar coa mesa de cerdeira,
tan pulida
que semellaba espello do meu mundo.

2.1.10

Pacheco

1 comentarios
Alta traición

No amo mi patria.
Su fulgor abstracto
es inasible.
Pero (aunque suene mal)
daría la vida
por diez lugares suyos,
cierta gente,
puertos, bosques de pinos,
fortalezas,
una ciudad deshecha,
gris, monstruosa,
varias figuras de su historia,
montañas
-y tres o cuatro ríos.