29.9.09

0 comentarios
Formar o verso como se forma o pan, coas dúas mans abertas, coa presión precisa.

28.9.09

0 comentarios
A miseria estaba en facer das palabras unha transacción perfecta, un espazo fabricado para o outro. Agora e tempo de explorar o frío sobre a propia pel.

27.9.09

0 comentarios
Unha xoaniña pasea polas tapas duras dun libro sobre a mesa da cociña. Percorre as palabras todas, rodea a letra efe de "Flaubert". Que pequena reencarnación vermella para Enma Bobary. 

26.9.09

0 comentarios
Buscar o aleph na casa nova, en todas as aristas descoñecidas, como homenaxe a esa outra que deixamos orfa, aos cuartos propios de antes, á luz.
 Descubrir a palabra, a pulsión, os adxectivos do abismo, nas paisaxes aínda non iniciadas.