18.5.09

finou Mario Benedetti

0 comentarios
porque te tengo y no
porque te pienso
porque la noche está de ojos abiertos
porque la noche pasa y digo amor
porque has venido a recoger tu imagen
y eres mejor que todas tus imágenes

(Corazón coraza)

1.5.09

O pouso do fume

0 comentarios
Estivemos onte entre galletas, grata compaña e versos de combustión e fume, no espazo Moret Art no que se presentaba o libro de Dores Tembras O pouso do fume. Dividido en tres partes (combustión, oxidación e pouso), este poemario de Dores Tembrás semella estar feito para ler con mimo, coma quen recolle saborosas miguiñas do mantel. Dores non se cubre de versos, saca a poesía de dentro dela mesma, íspese e agasállanos cunha luz que atravesa corpos e paisaxes, que entra directa no máis profundo e vai iluminar o espazo da mesma orixe do ser, o territorio da infancia, da sinxeleza, mais tamén o da fondura, a tensión emotiva e a miniatura coidadosamente deseñada.

Este libro de Dores Tembrás, en fermosa edición de Espiral Maior con cuberta de Manuel Suárez, contrúese desde o pouso que deixa o lume, o pouso da perda, mais sobre todo o pouso da memoria e da reconstrucción, ao eito dunha ave fénix.

Di Dores que as palabras son pequenas casas nas que vivir para sempre. Agardamos, pois, moitos anos máis para vivir acubillados dentro das súas palabras, ao calor e á luz da verdadeira poesía, a que ten dentro -como apuntaba moi atinadamente Eva Veiga onte, na presentación -  a muller que o fai todo cos ollos.