21.4.09

o silencio era isto

Mesmo a neve. A neve é muda pero deixa rastro, embranquéceo todo, os cativos rin, os pasos resoan e deixan pegadas. Hai unha continuidade que é a vida. Mais o silencio non deixa sinais. Non se pode falar do silencio como se fala da neve. Non se pode dicir a ninguén como se diría da neve: ¿oíches o silencio desta noite? O que o escoitou, non o di.

[traducción]
de
Silencio, de Clarice Lispector

No hay comentarios: