13.2.09

non hai literatura sen unha moral da linguaxe

Partindo duhna nada onde o pensamento semellaba erguerse felizmente sobre o decorado das palabras, a escritura atravesou así todos os estados dunha progresiva solidificación: primeiro obxeto dunha mirada, despois dun facer e finalmente dunha destrucción, alcanza hoxe o seu derradeiro avatar, a ausencia: nas escrituras neutras, chamadas aquí "o grao cero da escritura", pódese fácilmente discernir o movemento mesmo dunha negación e a imposibilidade de realizala nunha duración, como se a Literatura que tende desde fai un século a transmutar a súa superficie nunha forma sen herdanza, só achará a pureza na ausencia de todo signo, propoñendo en fin o cumprimento dese soño órfico: o escritor sen Literatura.

[traducción],
de
BARTHES, Roland, El grado cero de la escritura,
siglo xxi editores, Madrid, 2000 (17ª edición), pp.14-15

No hay comentarios: